CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Naceu en Melide en 1972. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Técnica en Información e cultura. Foi alcaldesa de Melide desde o ano 2011 ata 2016, cargo que tamén ocupou entre os anos 2004 e 2007.

No ámbito municipal, previamente ás súas responsabilidades como rexedora, foi concelleira de Cultura, Deportes e Medios de comunicación. Tamén foi deputada provincial en A Coruña entre 2007 e 2009 e, posteriormente, deputada no Congreso dos Deputados por esa mesma provincia. Na súa traxectoria profesional tamén ten experiencia xornalística, como directora da radio municipal melidense e como correspondente en medios de comunicación.

Desde outubro de 2016 ata setembro de 2018 foi conselleira do Medio Rural.