CMATI

|
|
|
Compartir

Ámbito da aplicación

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio aprobou as Normas técnicas de planeamento de Galicia, por Orde do 10 de outubro de 2019 (DOG núm. 224 do 25/11/2019). A súa formulación e aprobación axustouse ao procedemento previsto no artigo 48 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 88 e 89 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu Regulamento.

Esta normativa ven a complementar o actual marco lexislativo en materia de urbanismo co que o goberno da Xunta pretende impulsar unha ordenación responsable e sostible do territorio, co propósito de garantir un territorio ordenado na totalidade dos concellos de Galicia.

As Normas técnicas de planeamento teñen por obxecto unificar os criterios técnicos para a elaboración dos documentos de planeamento urbanístico, a terminoloxía e os conceptos urbanísticos xerais, así como calquera outra cuestión que precise aclaración ou orientación técnica nesta materia. Asemade, facilitará a integración da información do planeamento nas infraestruturas dixitais de datos espaciais e, posibilitará un acceso sinxelo aos documentos de planeamento a todos os actores que participan na planificación do territorio e ao público en xeral.

No que atangue ao alcance das súas determinacións normativas, seranlles de aplicación integramente aos plans en tramitación que non alcanzasen a aprobación inicial na data de entrada en vigor destas normas, mentres que para o resto dos documentos de planeamento estarase ao disposto no seu réxime de aplicación transitoria.

Esta normativa nace principalmente da necesidade dunha simplificación e normalización técnica dos instrumentos de planeamento, co obxecto de facilitar e axilizar a súa elaboración, tramitación e coñecemento. Compre entendela e asumila como unha oportunidade de mellora no proceso de formulación e aprobación dos documentos, sempre na procura dunha maior transparencia e lexibilidade destes.

As Normas técnicas de planeamento están compostas por 27 artigos, distribuídos nun título preliminar e tres títulos, complementados por nove anexos. Completan o texto unha disposición adicional, dúas disposicións transitorias e unha derradeira.

Entre outros aspectos, as NNTTPP regulan os criterios, formatos e contidos a ter en conta durante a elaboración dos diferentes documentos que compoñen os instrumentos de planeamento; armonizan a estrutura e codificación dos documentos dixitais; establecen os aspectos técnicos requiridos para a elaboración da cartografía temática urbanística en soporte SIX e para o seu tratamento informático; ordenan nun título específico a elaboración da base cartográfica que sirva de soporte para a formulación do planeamento, cando a cartografía oficial do IET non estea suficientemente actualizada ou detallada para o ámbito afectado, e regulan o proceso de dilixenciado dixital dos documentos de planeamento.

Documento/s relacionados
  • Orde do 10 de outubro, pola que se aproban as Normas técnicas de planeamento (DOG núm. 224, 25/11/2019) Descargar
  • Anexo 1. Listado de abreviaturas Descargar
  • Anexo 2. Simboloxía gráfica Descargar
  • Anexo 3. Modelo de datos dos arquivos vectoriais Descargar
  • Anexo 4. Estrutura e codificación de arquivos e carpetas Descargar
  • Anexo 5. Modelo de cartela e formato A1, A3 e A4 Descargar
  • Anexo 6. Modelo de extracto ambiental Descargar
  • Anexo 7. Ficha de vixencia de planeamento trala aprobación do documento en tramitación Descargar
  • Anexo 8. Catálogo mínimo de obxectos xeográficos da base topográfica do planeamento urbanístico Descargar
  • Anexo 9. Declaración responsable Descargar
Contacto/s relacionados
  • Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo :
    sxurb@xunta.gal

    Teléfono: 981 544 356