CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Xornada sobre Avances na Información Xeográfica no Ámbito Autonómico e Municipal

Data de publicación: 21.02.2017

Descrición:

O vindeiro 17 de marzo a partires das 10.00 da mañá no auditorio da sede de Afundación na Coruña celebrarase a Xornada sobre Avances na Información Xeográfica no Ámbito Autonómico e Municipal, organizada polo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, na que se ofrecerá unha visión das tecnoloxías para xestión da información xeográfica, se presentará a nova base cartográfica galega (BTG10), e se exporán os detalles do novo Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia.

  • 9.00 h. Recepción de asistentes. Café – mostra de novas tecnoloxías da información xeográfica
  • 10.00 h. Apertura da Xornada. Dona Beatriz Mato Otero, Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
  • 10.20 h. O regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia
  • 10.40 h. A nova base cartográfica de Galicia. BTG10
  • 11.10 h. Plan de ortofotografía a escala municipal. Oportunidades de colaboración
  • 11.40 h. Pausa café – percorrido pola mostra de novas tecnoloxías
  • 12.40 h. Necesidades de información xeográfica nos concellos de Galicia
  • 13.10 h. Mesa redonda sobre novas tecnoloxías cartográficas aplicadas á información municipal
  • 14.30 h. Clausura da xornada

Tratase de un acto orientado á Administración Local, pero aberto a toda a cidadanía en xeral, e moi especialmente a todas aquelas persoas que traballan en temas relacionados coa cartografía e os sistemas de información xeográfica tanto no eido público como privado. Dado que o aforo é limitado, pregamos a todos os interesados que confirmen a súa asistencia mediante correo electrónico á dirección: secretaria.iet@xunta.gal , ou no teléfono 981.541755/541756.

Documento/s relacionados
Subir