CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2012

Data de publicación: 16.10.2012

Descrición:

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2012 polo que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo autónomo no segundo cuadrimestre do ano 2012.

 

Convenio

Importe total do convenio (€)

Data de sinatura

Convenio marco de colaboración e cooperación entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Administración xeral da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a coordinación e intercambio en materia de información xeográfica e territorial a través do Instituto de Estudos do Territorio

Sen achega económica

9.6.2012

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Consellería do Medio Rural e do Mar para a preparación e seguimento do Plan director de acuicultura litoral (PDAL)

106.493,11 €

4.6.2012

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e do Instituto de Estudos do Territorio (IET), e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas externas dos estudantes de titulacións impartidas na Facultade de Xeografía e Historia

Sen achega económica

8.6.2012

Protocolo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Fundación Eduardo Pondal para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa protección, xestión e ordenación da paisaxe

Sen achega económica

11.6.2012

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio (IET), Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos) e dun proxecto de custodia fluvial nos ríos Umia, Ulla e Lérez

50.000 €

23.7.2012

Acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Instituto de Estudos do Territorio e a Real Academia Galega para a colaboración na realización de traballos sobre a toponimia e a microtoponimia de Galicia

Sen achega económica

2.7.2012

Entrada:

Subir