CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Presentación do novo modelo de datos cartográficos. IET

Data de publicación: 26.12.2012

Descrición:

O Instituto de Estudos do Territorio presentou en Barcelona o novo modelo de datos cartográficos de Galicia

O pasado 13 de decembro tivo lugar en Barcelona a XVII xuntanza plenaria da Comisión Especializada de Normas Xeográficas. Esta Comisión depende do Consello Superior Xeográfico.

O Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo da Xunta de Galicia foi invitado a dita xuntanza para presentar, a través dos séus técnicos, o traballo na redefinición dos modelos de datos cartográficos que se están a aplicar na nova cartografía de Galicia.

Os representantes do Instituto, tamén deron a coñecer os avances realizados na definición de modelos de datos de cartografía urbana BTU (Base Topográfica Urbana), nos que estase a traballar intensamente desde este departamento da Xunta, co obxectivo de conseguir os datos más detallados e precisos, a escalas 1:500 y 1:1000, das cidades e núcleos de población galegos.

Na xuntanza debatiuse sobre as especificacions dos conxuntos de datos xeográficos que se están acabando de definir entre todos os países europeos ao amparo da directiva INSPIRE.

O objetivo principal de estas especificaciones é a armonización de todos os datos cartográficos dos países membros da Unión Europea. Este paso é imprescindible para que a utilización dos datos sexa máis sinxela por parte de todos os usuarios, e tamén para sollucionar os problemas de compatibilidade entre diferentes sistemas e aplicacions. Todos estes traballos redundan no aforro de custos á hora de manexar a información xeográfica por parte de todos, tanto técnicos da administración como empresas e cidadans.

Rematou a xornada co Plan de traballo para o ano 2013, que estará integrado pola adaptación á realidade española de todas as normas de datos europeas e a súa forma de aplicación.

Documento/s relacionados
Subir