CMATI

|
|
|
Compartir

Información Pública das Normas Técnicas de Planeamento

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a tramitar as Normas técnicas de planeamento de Galicia, ao abeiro do artigo 48 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 88 e 89 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu Regulamento.

Esta normativa ven a complementar o actual marco lexislativo en materia de urbanismo co que o goberno da Xunta pretende impulsar unha ordenación responsable e sostible do territorio, co propósito de garantir un territorio ordenado na totalidade dos concellos de Galicia.

As Normas técnicas de planeamento teñen por obxecto unificar os criterios técnicos para a elaboración dos documentos de planeamento urbanístico, a terminoloxía e os conceptos urbanísticos xerais, así como calquera outra cuestión que precise aclaración ou orientación técnica nesta materia. Asemade, facilitará a integración da información do planeamento nas infraestruturas dixitais de datos espaciais e, posibilitará un acceso sinxelo aos documentos de planeamento a todos os actores que participan na planificación do territorio e ao público en xeral.

Entre outros aspectos, as NNTTPP establecen os aspectos técnicos requiridos para a elaboración da cartografía temática urbanística en soporte SIX e para o seu tratamento informático, así como os criterios, formatos e contidos para a elaboración dos diferentes documentos que compoñen os instrumentos de planeamento.

Esta normativa nace principalmente da necesidade dunha simplificación e normalización técnica dos instrumentos de planeamento, co obxecto de facilitar e axilizar a súa elaboración, tramitación e coñecemento. Compre entendela e asumila como unha oportunidade de mellora no proceso de formulación e aprobación dos documentos, sempre na procura dunha maior transparencia e lexibilidade destes.

O documento das Normas técnicas de planeamento que está exposto nesta páxina web é o sometido a información pública. A data de remate do período de alegacións é o 28/06/2019.

Documento/s relacionados
  • Normas Técnicas de Planeamento Urbanístico de Galicia Descargar
Ligazon/s relacionadas
Contacto/s relacionados
  • Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo :
    sxurb@xunta.gal

    Teléfono: 981 544 356