CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente facilita a presentación telemática dunha ducia de trámites en materia de pesca fluvial

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se habilitan formularios para coordinar e unificar a información do Rexistro de entidades colaboradoras de pesca fluvial e o de embarcacións e artefactos boiantes de pesca fluvial

Tamén se poderán presentar telematicamente, entre outros a solicitude de xornadas educativas, devolución de taxas e o nomeamento ou renovación anual do título de vixilante xurado de pesca fluvial

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda facilita aos cidadáns e entidades a presentación telemática de case unha ducia de trámites en materia de pesca fluvial.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde pola que se habilitan ditos formularios e se establecen os procedementos para o emprego da sede electrónica como canle de comunicación entre as persoas e organismos (entidades colaboradoras de pesca fluvial, universidade, empresas de servizos...) e a administración.

Grazas a este sistema tamén se unifica e coordina a información que regula o Rexistro de embarcacións e o Rexistro artefactos boiantes de pesca fluvial, previstos e creados ao abeiro da normativa sectorial. Deste xeito, normalízase o formato e os catro servizos provincias manexarán o mesmo formulario normalizado, aportando a mesma información a dita base de datos sobre as embarcacións e artefactos boiantes (Licenza e Rexistro de embarcacións para pesca fluvial (procedemento MT807D).

Asemade, habilítanse os formularios normalizados a empregar para as solicitudes en materia de pesca fluvial, como:
- Reserva de permisos en coutos de pesca fluvial (procedemento MT807E).
- Nomeamento, renovación ou renuncia do título de Entidade Colaboradora de pesca fluvial (procedemento MT807F).
- Autorizacións especiais de pesca fluvial para a captura de especies piscícolas e invertebrados (procedemento MT807G).
- Nomeamento de Vixilante xurado de pesca fluvial e Renovación anual (procedemento MT807H).
- Modificación da normativa de coutos de pesca fluvial en datas reservadas (procedemento MT807I).
- Xornadas educativas en coutos de pesca fluvial (procedemento MT807J).
- Devolución de taxas en materia de pesca fluvial (procedemento MT807K).
- Procedemento xenérico en materia de pesca fluvial (procedemento MT807L).

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es