CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Os Superheroes da reciclaxe recrutarán en decembro a máis de 2.000 escolares para conciencialos no tratamento dos aparellos eléctricos e electrónicos

A Consellería de Medio Ambiente vén de poñer en marcha unha campaña infantil para fomentar a reciclaxe deste tipo de residuos, que só no mes de decembro visitará 56 centros escolares

A través das personaxes do Bolechas explicaráselles a necesidade de implicarse na reciclaxe, reparación e reutilización deste tipo de materiais

Tamén se programan actividades, como teatro, ou materiais divulgativos como unidades didácticas, adhesivos, folletos e unha web interactiva para traballar coa cativada a importancia do tratamento destes aparellos

Santiago de Compostela, 6 de decembro de 2018.- Co obxectivo de sensibilizar á comunidade escolar na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), os Superheroes da reciclaxe recrutarán ao longo deste mes a máis de 2.300 escolares para conciencialos no da importancia de dar un tratamento axeitado a este tipo de refugallos.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de poñer en marcha unha campaña de sensibilización para reciclar os RAEE), que no mes de decembro visitará máis de 50 centros educativos de educación infantil e primaria, que se elevarán a 350 ao longo do actual curso escolar.

Na seguinte táboa indícanse as xornadas e colexios nos que acollerán esta campaña:

Xornada
Centros educativos
Día 10

CEIP Plurilingüe de Centieiras (Fene)

CEIP San Isidro (Neda)
CRA de Oroso (Oroso)

CPR Plurilingüe Sagrada Familia (Cangas)

CEIP A Rúa (Cangas)
Día 11
CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña)

CEIP de Bormoio-Agualada (Coristanco)

CEIP Manuel Mato Vizoso (Vilalba)

CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo (O Carballiño)

CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro (O Carballiño)

Día 12

CEIP Aquilino Iglesia Alvariño (Abadín)

EEI de Vilalba (Vilalba)
CPI da Cañiza (A Cañiza)
EEI A Marisma (Redondela)
Día 13
CEIP de Cespón (Boiro)
CPI Dr. López Suárez (Friol)

CPI Plurilingüe Laureano Prieto (A Gudiña)

CEIP Bibei (Viana do Bolo)
CEIP Cabada Vázquez (A Estrada)
CEP de Sabarís (Baiona)
Día 14
EEI de Lañas (A Baña)
CPI A Xunqueira (Fene)
CEIP Albeiros (Lugo)
CEIP O Castiñeiro (Laza)
CEIP de Oímbra (Oímbra)

CEP Carlos Casares (Salvaterra de Miño)

Día 17

CEIP Plurilingüe de Tarrío (Culleredo)

CEIP de Ponzos (Ferrol)
CEIP Campomaior (Ordes)

EEI Bispo Teodomiro (Santiago de Compostela)

CEIP Vistahermosa (Ourense)
CPI do Toural (Vilaboa)
Día 18
CEIP Curros Enríquez (A Coruña)
EEI de Sabaxáns (Brión)

CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira (Ferrol)

CEIP Plurilingüe Albino Núñez (Ourense)

CEIP de Noalla-Telleiro (Sanxenxo)
Día 19

CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo)

CPR Plurilingüe La Salle (Ferrol)
CPI Tino Grandío (Guntín)

CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal (Vigo)

CEIP Nosa Señora da Piedade (Vila de Cruces)

Esta mesma semana (o luns 3, martes 4 e mércores 5) tamén visitaron os seguintes centros: CEIP A Cristina (Carballo), CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz (Touro), CEIP de Tenorio (Cerdedo-Cotobade), CEIP do Carballal (Marín), CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro), EEI San Roque (Viveiro), CEIP Padre Feijoo (Allariz), CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas (Bande), CEIP Plurilingüe Curros Enríquez (Celanova), CEIP Santa María (A Fonsagrada), CEIP de Cervo (Cervo), CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo), CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove), CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares (Vigo).

Para acadar que as novas xeracións de galegos teñan coñecemento da importancia da reciclaxe dos residuos e, concretamente, dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, trasladaráselle dunha maneira amena e moi didáctica a través das personaxes dos Bolechas, pautas e coñecementos para o correcto tratamentos dos residuos.

Os Bolechas -personaxes moi coñecidos para a cativada galega desde hai case dúas décadas- converteranse nos Electrecos, nos superheroes da reciclaxe de RAEE; polo que Ecocarlos, Ecobraulio, Ecopili, Ecololi, Ecosonia, Ecotatá e, como non, Ecochispa serán os encargados de recrutar superheroes da reciclaxe.

Contarán cunha gran variedade de materiais de todo tipo: contos, teatro, audiovisuais, xogos, unidades didácticas, cadernos de exercicios, adhesivos, folletos etc....co obxectivo de formar un gran movemento de superheroes da reciclaxe e defensores do planeta.

Xunto coas visitas presenciais, ponse en marcha unha área virtual (www.oqueseenchufareciclase.gal/osbolechas) con material informativo e didáctico, así como xogos e actividades para que todos os centros educativos da comunidade poidan traballar este tema.

Divertirse e aprender

Todas as propostas dos Electrecos van destinadas a ensinar, dunha forma didáctica pero divertida, como se deben tratar os RAEE. Trátase de que, mediante unha información adecuada e amena, a través do xogo, a experimentación e o traballo en equipo, as nenas e os nenos se convertan nos maiores defensores do planeta a través do correcto tratamento dos RAEE.

Unha ambiciosa acción destinada a xestionar mellor un tipo de residuos en aumento na nosa contorna, pero tamén para insistir na importancia da correcta xestión de todo tipo de residuos, nas boas prácticas de consumo e na responsabilidade que temos como individuos e como sociedade na sustentabilidade medioambiental.

Esta iniciativa -que conta coa colaboración e apoio de RAEE: Ambilamp, Ecoasimelec, Ecofimática, Ecolec, Ecolum, Eco-Raee´s, Ecotic, y Erp-, está enmarcada dentro da campaña ‘Oqueseenchufarecíclase’, que ten por obxectivo concienciar á sociedade galega na necesidade de mellorar as prácticas de reciclaxe e tratamento deste tipo de residuos.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es