CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta investiu case 18.000 euros na adecuación dos pasos na ribeira do río Tambre en Trazo

O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Trazo, José Dafonte, visitaron o resultado dos traballos e destacaron o esforzo do Goberno galego por preservar e conservar o medio natural

As axudas repártense en dúas anualidades, entre os anos 2018 e 2019, e supoñen un investimento na provincia de 146.000 euros para financiar obras en Trazo, Mesía, Ferrol, Cerdido, Valdoviño, As Somozas, Muros, Rianxo e Abegondo
 

Trazo (A Coruña), 08 de xaneiro de 2019.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde Trazo, José Dafonte, visitaron a zona na que se procedeu a adecuación dos pasos na ribeira do río Tambre coa mellora dos regos, que vén de recibir unha achega de case 18.000 euros para mellorar o carácter de utilidade pública desta zona, pertencente á Rede Natura.

As actuacións consistiron na colocación de pequenas pontes de madeira para permitir o paso de pescadores, sendeiristas e agricultores. Ademais, procedeuse á incorporación de refuxios en lugares estratéxicos para facer paradas en todo o recorrido.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda busca, con estas actuacións, promover a interacción equilibrada entre o seu uso e a conservación dos seus valores naturais, en particular aqueles relacionados cos hábitats e especies de interese comunitario con influenza no medio agrario.

Ovidio Rodeiro lembrou que este plan bianual, destinado a recuperar lugares singulares nos concellos en zonas de rede natura e supón un investimento total na provincia da Coruña de máis de máis de 146.000 facer obras en nove concellos, concretamente en Trazo, Mesía, Ferrol, Cerdido, Valdoviño, As Somozas, Muros, Rianxo e Abegondo.

O delegado territorial destacou a importancia destas “pequenas actuacións en escenarios singulares coas que recuperamos espazos dun valor natural incalculable”. Rodeiro escoitou con atención as explicacións dos técnicos sobre os traballos realizados e interesouse en particular utilidade destes pasos e a función que teñen na actualidade.
 

SOLICITANTE

TIPO DE ACTUACIÓN

CONCELLO DE FERROL

MEDIDAS DE CONSERVACIÓN, PRESERVACIÓN E RESTAURACIÓN NA REDE NATURA 2000, FERROL

CONCELLO DE CERDIDO

SINALIZACIÓN E ÁREA RECREATIVA SENDEIRO FRAGA DOS CASÁS

CONCELLO DE MESÍA

MELLORA PAISAXE AGRARIA E DESENVOLVEMENTO DA ÁREA RECREATIVA DA PONTE CARBALLA

CONCELLO DE TRAZO

ADECUACIÓN DOS PASOS NA RIBEIRA DO RÍO TAMBRE EN TRAZO COA MELLORA DOS REGOS

CONCELLO DE AS SOMOZAS

RUTA DE SENDEIRISMO DA SERRA – CAPELA DE SAN BARTOLOMÉ

CONCELLO DE RIANXO
RUTA DAS TRES CRUCES
CONCELLO DE ABEGONDO

CREACIÓN DA ÁREA RECREATIVA E RUTA INTERPRETATIVA EN ORTO

CONCELLO DE VALDOVIÑO

SINALIZACIÓN E LIMPEZA DE SENDA PEONIL DENDE A LAGOA ATA O FARO DA FROUXEIRA

CONCELLO DE MUROS

PROTECCIÓN DO HÁBITAT NATURAL EN AREA MAIOR.LIC MONTE E LAGOA DE LOURO

  

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es