CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta convoca a orde de axudas de bono de alugueiro social, que duplica o importe máximo e a duración

A partir de mañá poderase solicitar dita subvención, que estará aberta practicamente todo o ano, xa que o prazo de presentación de solicitudes rematará o 13 de decembro de 2019

O importe mensual do Bono de alugueiro incrementase en 25 euros

A duración máxima desta axuda pasa de 3 a 6 anos con prórrogas extraordinarias

Inclúese un novo colectivo entre os beneficiarios desta axuda de evidente carácter social
 

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019.- O importe máximo que poderán percibir os beneficiarios do Bono de Alugueiro Social que concede a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, duplícase na convocatoria correspondente ao ano 2019, pasando de 7.800 e 13.425 euros. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se convoca esta axuda para o ano 2019, que se poderá solicitar ata o 13 de decembro de 2019, de maneira que se poderá atender a calquera solicitude que se produza ao longo do ano coa garantía de que o Bono de concede a todos os solicitantes que cumpren os requisitos.

A convocatoria de 2019 do Bono de Alugueiro Social inclúe diversas novidades respecto do ano anterior, como son o incremento do importe mensual do Bono, o incremento dos límites máximos do prezo do alugueiro da vivenda, as prórrogas extraordinarias e a inclusión dun novo colectivo entre os posibles beneficiarios do Bono.

A contía mensual do Bono incrementase en 25 euros, pasando a ser de 225 euros/mes nas cidades, 200 nos concellos intermedios e 175 euros ao mes nos concellos de tipo rural. Da mesma maneira, permitirase aos beneficiarios do Bono alugar vivendas cun prezo superior ao vixente ata a actualidade.

A convocatoria deste ano permite prezos de ata 450, 400 e 350 euros ao mes segundo á área xeográfica, de maneira que o importe da axuda concedida continuará sendo do 50 por cento do prezo máximo a pagar en cada zona. A subida do importe máximo do prezo do alugueiro responde aos incrementos reais rexistrados nos prezos, segundo se recolle na estatística que se pode consultar na web do Observatorio da Vivenda de Galicia elaborada a partir das fianzas de alugueiro depositadas obrigatoriamente no IGVS, que responden a contratos reais asinados e constitúen a meirande base de datos sobre alugueiros de vivendas existente en Galicia.

Os beneficiarios continuarán percibindo unha axuda única inicial de 600 euros, destinada a pagar os gastos de constitución do contrato de alugueiro ou dos contratos de subministros básicos para a vivenda (luz, auga, etc.).

Por outra parte, incrementase de maneira notable a duración do período máximo polo que poderá concederse o Bono de Alugueiro Social, pasando de tres a seis anos. O Bono continuará concedéndose, como ata o de agora, para un período de doce meses e será prorrogable por outros dous períodos de doce meses cada un, de maneira que se poderán completar tres anos, como sucedía en convocatorias anteriores, si se cumpren os requisitos. Pero a convocatoria de 2019 establece a posibilidade de establecer novas prórrogas extraordinarias por outros tres períodos de doce meses, de maneira que a duración do Bono poderá estenderse ata un máximo de seis anos.

Cabe salientar que na convocatoria de 2017 xa se ampliara o período máximo de concesión do Bono de dous a tres anos.

Finalmente, inclúense entre os posibles beneficiarios do Bono de Alugueiro Social aos residentes en vivendas da Sareb e entidades financeiras en virtude dos convenios asinados co IGVS e que rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa do bono alugamento social.

O resto de colectivos que poden acceder ao Bono de Alugueiro Social son os seguintes:

Arrendatarios de vivendas de promoción pública propiedade da Xunta cuxa vixencia do contrato rematase despois da entrada en vigor desta orde.
 

Persoas que por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar os ingresos necesarios establecidos no Programa de Vivendas Baleiras, a comisión de seguimento e coordinación de dito programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco de dito programa

As persoas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas ou que se ditara unha resolución xudicial nun procedemento de similar natureza.
 

As vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no a momento da solicitude se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo e adscritos a unha administración pública.

As unidades de convivencia con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que foran privados da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.

Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, para o fomento do alugamento de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, desfrutasen na súa totalidade da subvención do dito programa e lles rematasen o período máximo de desfrute desta axuda dentro dos nove (9) meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro Social.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es