CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente explorará posibles vías de colaboración en materia de paisaxe coa Cámara Oficial Mineira de Galicia

Ángeles Vázquez recibiu hoxe a representantes da entidade, que aglutina a máis de 130 empresas relacionadas co sector industrial da minaría na comunidade

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2019.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse esta tarde con representantes da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), que aglutina na actualidade a máis de 130 membros do sector industrial dedicado a actividades relacionadas coas diferentes fases do ciclo mineiro.

Durante a xuntanza, o presidente da COMG, Juan de Dios Martín, e o director, Diego López, déronlle a coñecer á conselleira os principais obxectivos e proxectos da entidade, así como algunhas das liñas de actuación nas que están a centrar nestes momentos os seus esforzos en materia medioambiental co obxectivo de minimizar o impacto da actividade mineira no entorno. Neste sentido, aproveitaron a xuntanza para trasladarlle á Ángeles Vázquez a sensibilidade crecente co desenvolvemento sostible que existe entre o sector, cuxa actividade depende de forma directa do aproveitamento dos recursos naturais.

Ángeles Vázquez, pola súa banda, comprometeuse a analizar con detalle as demandas e propostas que lle trasladaron en nome do colectivo, así como a estudar posibles vías de colaboración en materia de paisaxe entre o seu departamento e a Cámara Oficial Mineira de Galicia.

Así, cómpre lembrar que esta entidade xa colabora coa Consellería de Medio Ambiente a través dun convenio asinado en 2018 para a redacción dunha Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas, unha ferramenta que axudará á integración na paisaxe, con criterios de calidade, deste tipo de actividades mineiras.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es