CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente licitará esta primavera a obra de humanización dos núcleos de Oza e Salto, no concello de Oza-Cesuras

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o rexedor municipal asinaron esta mañá o convenio que recollo un investimento de máis de 100.000 euros para a execución das obras

Ángeles Vázquez salienta o triplo obxectivo que se cumpre con esta actuación: fomentar a humanización das vilas de Galicia, favorecer a cooperación da Administración autonómica e os concellos e promover o reequilibrio territorial na comunidade
 

Oza-Cesuras (A Coruña), 8 de febreiro de 2019-. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda licitará nesta primavera a obra de humanización de dous núcleos do municipio de Oza-Cesuras, Salto e Oza. Así llo confirmou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao rexedor municipal, Pablo González Cacheiro, co que asinou o convenio de colaboración, polo que se executará esta actuación e que implica un investimento de máis de 100.000 euros, dos que a Xunta achega un 70%.

Indicou que o pavimento non se atopa en óptimas condicións, especialmente para os peóns que transitan día a día por esta zona, polo que é dotar este lugar dunhas novas beirarrúas que faciliten o paso a pé dos veciños, ao mesmo tempo que se achega unha maior seguridade viaria nesta estrada, que soporta moito tráfico e o paso de moitos peóns.

Nese sentido, a conselleira destacou que esta actuación mellorará o estado dunha zona na que se concentran un gran número de establecementos comerciais, de hostalería e oficinas, situada á beira da estrada AC-840 e moi preto da Casa do Concello.

Ángeles Vázquez recordou que esta obra realizarase ao abeiro do Plan hUrbe, impulsado polo Goberno galego, para contribuír a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas residentes en ambos núcleos, pero tamén do municipio en xeral. Salientou que con esta actuación cúmprense os tres obxectivos que caracterizan o Plan hUrbe: fomentar a humanización das vilas de Galicia, favorecer a cooperación da Administración autonómica e os concellos e promover o reequilibrio territorial na comunidade.

Colaboración permanente

A conselleira de Medio Ambiente destacou que a relación que existe co Concello de Oza-Cesuras pode considerarse de colaboración permanente en materia de actuacións urbanísticas; xa que desde 2010 se teñen destinado máis de 210.000 euros para proxectos neste eido, como a construción de beirarrúas na zona urbana de Tablas ou a pavimentación dos accesos a Borrifáns e Probaos.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es