CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta inicia as obras de saneamento da parroquia de Crendes, no concello de Abegondo, cun investimento de preto de 300.000 euros

Trátase da 1ª fase do proxecto de ampliación da rede de saneamento para dotar de servizo de recollida e depuración de augas residuais aos núcleos de Orto e Crendes

Os traballos que se está a acometer teñen un prazo de execución de 4 meses e se centran no tramo final da rede, onde se executan 2 colectores principais, 5 secundarios e un bombeo.

Os novo servizo de saneamento das parroquias de Orto e Crendes será equivalente ao dunha poboación 1.600 habitantes, tendo en conta así o futuro crecemento e o carácter agrogandeiro da zona
 

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar a execución das obras de saneamento na parroquia de Crendes, no Concello de Abegondo, cun investimento de preto de 300.000 euros.

Trátase así, da primeira fase dunha actuación máis ampla que pretende dotar de servizo público de saneamento e depuración ás parroquias de Orto e Crendes, que na actualidade carecen deles. Desta forma unha vez completadas todas as obras, estas darán o servizo equivalente ao dunha poboación 1.600 habitantes que inclúe as estimacións de crecemento futuro e o carácter agrogandeiro da zona.

As obras da primeira fase consistirán na execución de dous colectores principais cunha lonxitude total de 800 m e 5 colectores secundarios que suman un total de 400 metros máis. Ademais contemplase a execución dun bombeo cunha capacidade de 12 litros/s e a súa correspondente impulsión asociada de 480 m de lonxitude. Esta impulsión impulsará as augas residuais ata unha EDAR existente sita no lugar de Beldoña.

O deseño destas obras xa prevé a conexión do resto da rede que se executará no futuro para completar o saneamento destas parroquias.

A obra impulsada a través de Augas de Galicia foi adxudicada a Construcciones Ramón Vázquez y Reino, que dispón dun prazo de 4 meses para o seu remate.
A actuación está cofinanciada ao 75% polos Fondos Europeos FEADER.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es