CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta fomenta a conservación dos espazos naturais protexidos a través do campo de voluntariado nas Cíes

Fabiola García sinala que o grupo de persoas voluntarias contribúe co seu traballo altruísta a que a candidatura Cíes-Illas Atlánticas estea en condicións de ser Patrimonio da Humanidade

Anuncia que no que resta de ano ampliarase a colaboración con Medio Ambiente para levar a cabo máis campos de voluntariado ambiental en espazos naturais protexidos

Pola súa banda, Ánxeles Vázquez destacou a actividade que desenvolven as mozas e mozos deste campo por conseguir uns océanos libres de plásticos

Salienta que o Goberno galego está fortemente comprometido con frear o impacto dos plásticos no medio ambiente, tal e como recolle a futura Lei de residuos e solos contaminados de Galicia

  • A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, estiveron hoxe coas persoas que participan nesta actividade
  • A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, estiveron hoxe coas persoas que participan nesta actividade
  • A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, estiveron hoxe coas persoas que participan nesta actividade
  • A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, estiveron hoxe coas persoas que participan nesta actividade

Vigo, 17 de xullo de 2019.- A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, estiveron esta mañá nas Illas Cíes co grupo de mozas e mozos que participa na segunda quenda do campo de voluntariado ambiental organizado pola Xunta de Galicia. Ao longo de todo o verán desenvolveranse catro campos nesta privilexiada contorna natural nos que 120 rapaces e rapaces galegos, doutras comunidades autónomas e doutros países, realizarán labores de conservación cos que tamén contribúen a que a candidatura Cíes-Illas Atlánticas estea en condicións de ser Patrimonio da Humanidade.

Fabiola García subliñou a importancia desta actividade coa que os participantes contribúen ao mantemento da illa ao ocuparse da vixilancia de incendios, de concienciar sensibilizar ao visitante sobre a necesidade de respectar o espazo e de realizar intervencións puntuais de mellora no parque, en colaboración co persoal do servizo de medio ambiente. Un traballo altruísta que, ademais, se leva a cabo nun ambiente de convivencia, participación, tolerancia e solidariedade.

A conselleira de Política Social tamén destacou o traballo conxunto con Medio Ambiente que fai posible o desenvolvemento de campos como este, e anunciou que que resta de ano ampliaranse este tivo de actividades de voluntariado en espazos naturais protexidos.

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá o traballo que os participantes do campo de voluntariado están a realizar e que ten unha incidencia directa e positiva nos océanos, ao liberalos do plástico e sobre todo verbaliza o problema que este material provoca nos ecosistemas mariños e ambientais.

Explicou que o Goberno galego está moi comprometido con este fenómeno e por iso na nova Lei de residuos e solos contaminados de Galicia se establecen medidas para frear o impacto dos mesmos. Recordou que esta lei, actualmente en tramitación, prohibirá a venda de vaixela dun só uso, salvo que estea composta dun 50% de material biodegradable.

Ampla oferta de ocio formativo

Desde o pasado luns e ata o vindeiro día 26, unha trintena de mozas e mozos, entre eles tres procedentes de Francia, outros tres de Italia e un de Grecia, desfrutan das Cíes e realizan traballos de conservación ambiental, e tamén participan en actividades deportivas, rutas guiadas, obradoiros e dinámicas grupais.

Este campo de voluntariado nas Cíes forma parte da Campaña de Verán 2019, a través da que se ofertan 30 propostas diferentes, 5 delas novas: A terra que habita no mar, no concello do Grove; outro de protección e recuperación das dunas de Corrubedo, en Ribeira; un terceiro de temática ambiental en Manzaneda; un campo en Ourense denominado Riós, una mar de castiñeiros; e por último, o primeiro campo de voluntariado intermunicipal que leva por nome Vía Xacobea: vía da prata e que se celebrará en Boqueixón e Vedra.

A programación estival da Xunta de Galicia achega á mocidade 10.000 prazas, distribuídas entre campos de voluntariado, programas de intercambios con outras comunidades autónomas, actividades concertadas, actividades para maiores de 18 anos e campos de voluntariado.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es