CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente adxudica por case 55.000 euros as obras dun parque biosaudable no concello da Lama

A intervención executarase na parroquia da Xesta, unha das máis dinámicas do concello xa que en verán experimenta un gran aumento de poboación

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2019-. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de adxudicar por case 55.000 euros as obras para a instalación dun parque biosaudable en Eido de Abaixo, na parroquia de Xesta, no Concello da Lama.

A Consellería de Medio Ambiente defende abrir liñas de colaboración para levar a cabo actuacións que melloren a calidade de vida dos veciños ao poñer á súa disposición unha ampla área de esparexemento que sirva como punto de encontro para compartir o seu tempo de lecer.

Neste caso concreto, a parroquia da Xesta é a escollida para localizar o novo parque biosaudable, xa que é un dos puntos da Lama que no verán experimenta un maior aumento de habitantes pola chegada de veciños e familiares procedentes da emigración.

Concretamente, o proxecto ten por obxectivo executar unha nova zona de recreo, a carón dun parque infantil xa existente, de máis de 1.100 metros cadrados e que disporá de xogos biosaudables para adultos, mesas e bancos, unha pérgola, unha fonte e unha zona con asador. Así mesmo, tamén se efectuarán traballos para a mellora da accesibilidade que consistirán na urbanización do viario e na execución de beirarrúas, ademais de acondicionarse a contorna co fin de dotala dun aparcadoiro axeitado.

Cómpre lembrar que esta actuación execútase a cargo dun convenio de colaboración entre o Concello; que aporta un 30% do orzamento total; mentres que a Xunta achega o 70% restante.

 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es