CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Os veciños de Redondela gañarán mobilidade na rúa Pantalla de Cesantes o vindeiro ano tras as obras de humanización

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de adxudicar e asinar o contrato desta actuación coa que se pretende ordenar os espazos e renovar os servizos urbanos

As obras, que se prevén iniciar este mesmo outono, teñen un prazo de execución de tres meses
 

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019-. Os veciños de Redondela gañarán mobilidade na rúa Pantalla de Cesantes o vindeiro ano, cando se conclúan as obras de humanización que se prevén executar este outono.

Grazas a esta actuación, cuxo contrato se vén de asinar -despois de resolver a súa adxudicación por un importe de case 130.000 euros, mellorarase a seguridade dos peóns e se renovarán os servizos presentes nesta rúa.
Os traballos consistirán na reordenación priorizando aos viandantes, polo que se executarán pasos de peóns sobreelevados con aglomerado asfáltico e con remates de lousa de botóns na zona da beirarrúa para incrementar a seguridade dos mesmos á hora de cruzar a vía.

Tamén se mellorará o firme na calzada e as bandas de aparcadoiro e se pavimentarán as beirarrúas con formigón armado. Os traballos rematarán coa renovación da rede de recollida de augas pluviais.

Esta obra execútase a cargo do Plan hUrbe 2019-2020, que ten por obxectivos principais conseguir unhas vilas accesibles, habitables e que ofrezan calidade de vida aos seus veciños. Nese sentido, destacou que este tipo de axudas ou colaboracións son motores de dinamización social e económica cun importante número de servizos públicos que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.

Esta actuación non é a primeira do Plan hUrbe que se executa en Redondela, xa que o Goberno galego colaborou na humanización do contorno do pavillón polideportivo da Marisma e a rehabilitación da Avenida de Mendiño cunha achega de máis de 160.000 euros.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es