CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Ángeles Vázquez salienta que a conciliación é un exemplo de responsabilidade que tamén se debe aplicar no coidado do medio ambiente e a protección do territorio

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou esta mañá nunha mesa redonda para conmemorar o Día Internacional da Muller, organizada polo CEIP Nº1 de Melide

Salientou que educar á sociedade actual na idea de que a crianza é cousa de iguais representa un xeito de asentar piares para formar a cidadáns que aprenderán que o coidado da contorna é unha responsabilidade conxunta
 

Melide (A Coruña), 6 de marzo de 2020-. A conselleira de Medio Ambiente , Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá que a conciliación é un exemplo da necesidade de compartir as responsabilidades familiares que se pode aplicar á importancia de que a sociedade comparta o coidado do medio ambiente e da protección do territorio.

A responsable de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou esta mañá nunha mesa redonda para conmemorar o Día Internacional da Muller, organizada polo CEIP Nº1 de Melide; onde destacou que educar á sociedade actual nos principios de que a crianza e os coidados familiares é unha cuestión de iguais, de homes e mulleres, é un camiño para asentar os piares que axudarán a formar cidadáns que verán que o coidado da contorna é unha responsabilidade conxunta da sociedade.

Ángeles Vázquez salientou que a cidadanía debe compaxinar retos moi importantes como o cambio climático, a vivenda ou o urbanismo sostible coa vida familiar, polo que é importante coñecer as inquedanzas das novas xeracións, que ao fin e ao cabo son os cidadáns do futuro.

Por último, celebrou a conmemoración de efemérides como o Día Internacional da Muller para que os valores, dereitos e liberdades que se poñen de manifesto sexan una realidade para o conxunto da sociedade, de xeito que “sexas nena ou neno poidas chegar a onde desexes”, matizou.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es