CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente vén de licitar obras de mellora dos espazos públicos de Bande e Lobios por un importe de case 175.000 euros

Ambas actuacións prevén un prazo máximo de execución de tres meses

Trátase de proxectos que se executan ao abeiro do Plan hUrbe, para apoiar ás entidades locais á hora de levar a cabo actuacións que contribúen a crear ou humanizar espazos de uso común
 

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2019-. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de licitar por máis de 175.000 euros obras de mellora e humanización nos concellos de Bande e Lobios. Trátase de dous proxectos cuxo prazo de execución é de tres meses.

Estas actuacións enmárcase dentro do chamado Plan hUrbe, un programa posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010 para apoiar ás entidades locais á hora de levar a cabo actuacións que contribúen a crear ou humanizar espazos de uso común e a garantir o acceso dos veciños a infraestruturas públicas e servizos.

Humanización no Mercado do Xurés

No Concello de Bande levarase a cabo unha humanización da contorna do Mercado do Xurés, onde se prevé a execución de novas beirarrúas, a instalacións de novo mobiliario, como bancos e contedores para a recollida selectiva do lixo... co obxectivo de achegar aos veciños á zona e facilitar aos comerciantes infraestruturas de servizo básicas.

O proxecto tamén inclúe a canalización de augas pluviais, para evitar as verteduras actuais na propia beirarrúa, que estará conectada á rede existente; así como o deseño de prazas de aparcamento, para facilitar o estacionamento nesta zona tan frecuentada e ás persoas con mobilidade reducida. O importe de licitación desta actuación é de 78.000 euros.

Humanización das prazas en Lobios

A actuación no Concello de Lobios ten por finalidade mellorar o estado de dúas prazas: a de Xendive e a de Ganceiros, co fin de poñelas en valor e gañar espazo para os veciños. A proxecto -plantexado polo Concello- pretende recuperar zona empregados como áreas de aparcamento e destinalas a zonas de descanso para os habitantes.

Así, procederase á colocación dun pavimento novo, mobiliario e luminarias novas que actualizarán o aspecto destes lugares que se intervirán. O importe de licitación deste contrato ascende aos 96.800 euros.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es