CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta reparte preto de 2,7 millóns de euros entre 17 concellos destinados a recuperar ás súas Áreas de Rehabilitación Integral

Poderán beneficiarse das axudas os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazadas no ámbito das ARI que as rehabiliten

Tamén poderán beneficiarse os propios concellos para actuacións de urbanización e reurbanización das ARI

Os municipios entre os que se reparten fondos teñen actualmente convenios en execución por importe de preto de 25 millóns de euros

Estas axudas súmanse aos 2,1 millóns de euros destinados ás tres áreas de rehabilitación integral de carácter supramuniciapal: ARI dos Camiños de Santiago, ARI das Illas Atlánticas e ARI da Ribeira Sacra, con prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 30 de outubro

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2020.- A Xunta de Galicia financiará con preto de 2,7 millóns de euros as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) declaradas en Galicia. O reparto dos fondos de 2020 entre os concellos que dispoñen de ARI no seu territorio, realizado en función das solicitudes presentadas pola administración local, foi comunicado a cada concello solicitante. Para o reparto de fondos tívose en conta o grado de cumprimento en cada concello dos obxectivos asignados en anteriores repartos.

Os fondos relativos aos obxectivos de 2020 beneficiarán a 17 concellos galegos, entre os que se atopan Betanzos, Corcubión, Ferrol, Noia, Rianxo e Santiago, por parte da provincia da Coruña; Lourenzá, Mondoñedo, Monforte de Lemos e Sober, na provincia de Lugo. Na de Ourense, os concellos beneficiarios son Castro Caldelas, Ourense, Ribadavia e Vilar de Santos e pechan a lista de municipios beneficiados, tres más da provincia de Pontevedra: Tui, Vigo e Pontevedra.

A CORUÑA
LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
CONCELLO
IMPORTE €
CONCELLO
IMPORTE €
CONCELLO
IMPORTE €
CONCELLO
IMPORTE €
Betanzos
100.430,00
Lourenzá
48.400,00
Castro Caldelas
48.400,00
Pontevedra
332.750,00
Corcubión
100.430,00
Mondoñedo
190.465,65
Ourense
332.750,00
Tui
48.400,00
Ferrol
332.750,00
Monforte
100.430,00
Ribadavia
157.300,00
Vigo
332.750,00
Noia
48.400,00
Sober
48.400,00
Vilar de Santos
48.400,00
 
 
Rianxo
62.536,16
 
 
 
 
 
 
Santiago
332.750,00
 
 
 
 
 
 

Os 17 concellos galegos que reciben ditos fondos teñen actualmente en execución convenios asinados en anos anteriores, cunha dotación total que se aproxima aos 25 millóns de euros no seu conxunto

Unha vez que o IGVS comunique esta decisión, os concellos deberán trasladar ao Instituto Galego de Vivenda e Solo as actuacións previstas, presentando a documentación acreditativa. No caso dos municipios que dispoñen de máis dunha ARI declarada no seu ámbito será a propia administración municipal a encargada de realizar o reparto dos fondos entre as mesmas.

Ademais os concellos deberán regular os prazos para a presentación de solicitudes por parte dos propietarios de vivendas interesados na súa rehabilitación.

Os beneficiarios finais dos fondos repartidos serán os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazados no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. Tamén se poderán beneficiar das axudas os propios concellos para a realización de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI. Ademais, a Xunta, con fondos propios, financia as oficinas de rehabilitación municipais.

Actualmente Galicia conta con 69 áreas de rehabilitación integral declaradas en 41 concellos ademais das ARIs dos Camiños de Santiago, que comprende 126 concellos das catro provincias galegas, a ARI das Illas Atlánticas, que afecta a catro concellos e a ARI da Ribeira Sacra, que comprende 25 concellos.

ARI supramunicipais

As axudas cuxo reparto se comunicou aos concellos van destinadas exclusivamente ás Áreas de Rehabilitación Integral que teñen o seu ámbito dentro dun concello e non inclúen as ARI supramunicipais, que son xestionadas directamente polo IGVS.

As axudas da ARI dos Camiños de Santiago, da que se benefician un total de 107 concellos das catro provincias galegas, foron convocadas no DOG do 26 de febreiro de 2020, cun importe total de 1,15 millóns de euros. Na mesma data (26/2/2020) se convocaron as axudas da ARI das Illas Atlánticas, dotadas con 100.000 euros.

Pola súa parte, as axudas da ARI da Ribeira Sacra, que comprende 25 concellos, foron publicadas no DOG do 7 de xullo, dotadas con 850.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes nas tres ARI supramunicipais remata o 30 de outubro de 2020.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es