CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente licita por 96.000 euros as obras de humanización de espazos públicos no núcleo rural de Armea, en Coirós

A actuación está cofinanciada pola Xunta de Galicia, que achegará o 70% do custo total, e o propio concello, que sufragará o 30% restante con fondos propios

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2020.- A Consellería de Medio, Territorio e Vivenda acaba de licitar por un importe base de 96.656,40 euros o contrato para executar o proxecto de humanización de espazos públicos no núcleo rural histórico-tradicional e común de Armea, no concello coruñés de Coirós.

A actuación, enmarcada no chamado Plan Hurbe para apoiar ás entidades locais na execución de actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público, está cofinanciada pola Xunta e polo propio Concello, que asumen o 70% e o 30% do custo, respectivamente, en virtude dun convenio de colaboración asinado este verán

O obxectivo do contrato en licitación é poñer en valor o lugar de Armea, un núcleo rural histórico-tradicional e común que se caracteriza pola súa singularidade, co fin de potenciar estes lugares, entendidos como auténticos elementos singulares que merecen ser conservados e mantidos ao longo do tempo.

Concretamente, as obras previstas no proxecto prevén a humanización e mellora urbana dos viarios e espazos públicos desta zona, incluíndo unha completa intervención en materia de seguridade viaria para aumentar as zonas destinadas aos viandantes, a accesibilidade para peóns e a eliminación de barreiras arquitectónicas. Tamén se acometerán melloras que redunden nun mellor uso destes espazos públicos por parte dos veciños.

Grazas a estes traballos, cun prazo de execución de dous meses segundo figura no procedemento de contratación, non só se busca mellorar e humanizar a contorna histórica e tradicional do núcleo de Armea, senón que tamén reforzarán a seguridade viaria e a accesibilidade de todo o conxunto.

Actuacións do Plan Hurbe 2010-2019

Cómpre lembrar que con este tipo de intervencións dáse cumprimento ao reto da Xunta de acadar un urbanismo responsable en toda a comunidade e apostar pola recuperación e o reequilibrio territorial entre as vilas e cidades galegas.

No marco do Plan Hurbe, durante o período 2010-2018 executáronse un total de 200 actuacións en 125 concellos, o que significa que se interveu en case o 40% dos municipios galegos; o ano pasado, asumíronse preto de 90 novos compromisos de colaboración ao abeiro deste mesmo programa para os que se mobilizaron 12,9 millóns e nos orzamentos de 2020 hai reservados 6,5 millóns para actuacións urbanísticas a nivel municipal.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es