CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente explica as novas Directrices da Paisaxe ao persoal de dez concellos de Ourense co fin de facilitar a súa aplicación

A Teixeira (Ourense), 8 de abril de 2021.- O director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Francisco Barea, reuniuse esta semana con representantes dunha decena concellos da provincia de Ourense para explicarlles polo miúdo as Directrices da Paisaxe de Galicia, así como unha serie de cuestións prácticas para facilitarlles a aplicación nos seus municipios desta nova ferramenta de protección e conservación paisaxística.

A xuntanza celebrouse na casa consistorial da Teixeira e contou coa asistencia de persoal e responsables municipais deste concello e tamén dos de Parada de Sil, Castro Caldelas, San Xoán de Río, Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa, Montederramo, Maceda, Xunqueira de Espadanedo e Esgos.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda leva varias semanas celebrando este tipo de reunións locais para dar a coñecer o contido das primeiras Directrices da Paisaxe da Comunidade, que entraron en vigor o pasado 20 de febreiro. Barea sinalou que están pensadas como unha ferramenta de protección, xestión e conservación da paisaxe, coa que Galicia afianza a súa actual posición á vangarda do país en materia paisaxística.

O director do IET deu valor a este tipo de encontros porque é moi importante que se coñeza o seu alcance, por canto recolle normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego. En definitiva, búscase compatibilizar a protección e mellora da paisaxe co desenvolvemento económico de Galicia.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es