CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de oito vivendas de promoción pública en Cerdedo-Cotobade

Trátanse de vivendas integradas nun grupo de 10 inmobles que o Instituto Galego da Vivenda e Solo está a rehabilitar, cun investimento previsto de máis de 1 M€

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021.- A Comisión provincial de vivenda de Pontevedra iniciou o procedemento para a adxudicación de oito vivendas de promoción pública (VPP) que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) está a rehabilitar no concello de Cerdedo-Cotobade.

As vivendas sortearanse entre todas as persoas inscritas á día de hoxe no Rexistro único de demandantes de vivenda neste concello pontevedrés o próximo 10 de maio.

Concretamente, os oito inmobles que se adxudicarán corresponden a un grupo integrado por 10 antigas vivendas de mestres que está a rehabilitar o IGVS. As dúas primeiras xa foron rehabilitadas e adxudicadas.

As oito cuxo procedemento de adxudicación se inicia hoxe están en proceso de rehabilitación, prevéndose o remate das obras para o próximo verán. En total, o IGVS inviste máis de 1 millón de euros na rehabilitación de todo o conxunto.

As vivendas rehabilitadas son de tipo unifamiliar, con dous dormitorios e compostas por unha planta baixa e un piso superior, cunha superficie útil total de 83,30 metros cadrados.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es