CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Dirección Xeral de Urbanismo convocará unha reunión para desbloquear o PXOM de Portomarín

O Plan xeral de ordenación municipal xa foi sometido a información pública e están pendente de recibir informes sectoriais

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2021.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convocará proximamente unha reunión para abordar a situación actual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Portomarín, co fin de desbloquealo e avanzar na súa redacción.

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, comprometeuse co alcalde, Juan Serrano, a intermediar cos organismos sectoriais implicados, aos que citará a unha xuntanza conxunta para posibilitar a tramitación definitiva do PXOM.

Na reunión co rexedor, a directora xeral trasladoulle “a urxente necesidade para un Concello que acolle o desenvolvemento vinculado ao Camiño de Santiago”.

No encontro analizaron os traballos de redacción do PXOM que, tras someterse ao período de información pública e solicitude dos informes sectoriais preceptivos, ten pendente de acadar os documentos nos que se recolla información relativa ás captacións e redes de subministro e, sobre todo, á xustificación de suficiencia do sistema de saneamento de augas residuais, que exixe do reforzo da depuradora existente.

O Concello de Portomarín dispón dunhas Normas subsidiarias de planeamento que datan do ano 1983 e que, polo tanto, non recollen a meirande parte dos núcleos rurais existentes. Para a redacción do PXOM, a Xunta concedeulle unha subvención de preto de 120.000 euros.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es