CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública na rúa alcalde Ramón Pardo Arias de Ferreira de Pantón

Ferreira de Pantón (Lugo), 22 de xullo de 2021.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou en réxime de alugueiro unha vivenda de promoción pública situada na rúa Alcalde Ramón Pardo Arias de Ferreira de Pantón. Trátase dun piso de case 83 metros cadrados con tres dormitorios e dispón de garaxe e rocho.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe no acto de entrega das chaves, onde lembrou que as persoas interesadas en optar a futuras adxudicacións deberán estar inscritas no Rexistro Único de Demandantes, trámite que poden realizar en calquera momento tanto de xeito presencial como a través da sede electrónica da Xunta. Os listados de candidatos determínanse mediante un sorteo ante notario entre todas as persoas inscritas.

As vivendas son xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que se encarga de acometer as reparacións necesarias -de ser o caso- e realizar os chamamentos seguindo os listados de adxudicatarios de cada concello.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es