CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Trenor participa na presentación do novo vehículo eco adquirido polo concello de Vimianzo coas axudas do Fondo de Compensación Ambiental

Vimianzo (A Coruñ), 15 de setembro de 2021. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na presentación do novo vehículo ECO adquirido cos Fondos de Cooperación Ambiental non competitivos que este concello recibiu o ano pasado. Concretamente, Vimianzo contou con 131.000 euros para levar a cabo diferentes actuacións de mellora medioambiental entre as que se atopou a compra deste novo automóbil.
Trenor lembrou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.
As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es