CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa educativo Meteoescolas para formar a máis de 6.300 rapaces de 40 centros de ensino

O persoal de MeteoGalicia ofreceu esta semana unha charla informativa aos 384 profesores que se ocuparán ao longo do curso de formar aos mozos e mozas na ciencia da meteoroloxía

MeteoEscolas é unha das iniciativas que forma parte do Plan Proxecta+, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades dirixida a fomentar a innovación educativa e o traballo cooperativo nos centros

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2021.- A Xunta acaba de poñer en marcha unha nova edición do programa educativo MeteoEscolas, no que participan un total de 40 centros de ensino da Galicia, co fin de formar máis de 6.300 rapaces e rapazas na ciencia da meteoroloxía.

O persoal de MeteoGalicia ofreceu esta semana unha charla informativa para o profesorado co fin de trasladar, ademais do obxectivos xerais do programa, a metodoloxía de traballo, que consiste na observación meteorolóxica e a inserción de datos en plataformas meteorolóxicas. Estas tarefa, a base do proxecto, está acompañada por outras iniciativas que propoñen os centros relacionadas coa materia, con posibilidade de abarcar as distintas áreas de coñecemento.

Na edición 2021-2022 participan, en concreto, un total de 384 profesores e 6.309 alumnos de 40 centros de ensino —23 da provincia de Pontevedra, 10 da provincia da Coruña, 5 da de Lugo e 2 da de Ourense—. Deste total, 12 centros súmanse por primeira vez a esta iniciativa educativa, polo que nesta xornada tamén se lles fixo entrega do equipamento para medir variables meteorolóxicas, como un pluviómetro e un termómetro de máxima y mínima por centro.

MeteoEscolas é un dos programas recollidos no Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidades na que colaboran diferentes organismos e está pensada para fomentar a innovación educativa nos centros, así como potenciar o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es