CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta adxudica case 14.000 metros cadrados de solo empresarial en Viveiro, Ortigueira e Ponte Caldelas

As 4 parcelas asignadas pola empresa pública Xestur foron adquiridas por un prezo bonificado global de máis de 805.000 euros

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2021.- A Xunta de Galicia acaba de adxudicar preto de 14.000 metros cadrados de solo empresarial distribuídos en 4 parcelas emprazadas en tres parques: Viveiro, Ortigueira e Ponte Caldelas. O prezo de venda do conxunto das parcelas supera os 805.000 euros, despois de aplicar unha bonificación de case 419.000 euros, segundo aprobou esta mañá a comisión executiva de Xestur.

No caso dos terreos do parque de Viveiro, adxudicáronse dúas parcelas a unha empresa do sector da madeira que destinará os 2.600 m2 a unha zona de aparcamento para a maquinaria e o transporte. O importe de adxudicación ascendeu a 98.889 euros, despois de aplicar unha bonificación do mesmo importe.

No parque empresarial de Ortigueira adxudicouse unha parcela de 990 m2, que o comprador destinará ao acopio de materiais e maquinaria. O importe de venda foi de 29.700 euros, tras aplicarlle tamén unha bonificación dun 50%.

O resto da superficie que acaba de adxudicar Xestur foille asignada a unha empresa de fabricación de vidro, que a destinará para o almacenamento exterior do produto rematado, pantallas e moldes. Adquiriu unha parcela no parque da Reigosa, en Ponte Caldelas, de máis de 10.000 m2; polos que aboou 676.716 euros, tras a aplicación dunha bonificación dun 30% sobre o prezo (290.021 euros).

A Xunta, a única que bonifica a venda de solo

No que vai de ano, o Goberno autonómico xa adxudicou 2021 preto de 243.000 m2 e a cifra ascende a máis de 2,3 m2 desde 2015, con bonificacións no prezo por máis de 70 millóns de euros.

Cómpre salientar que a Xunta é a única promotora de solo empresarial da Comunidade que aplica descontos sobre o prezo de venda en todas as parcelas da súa titularidade. Estes son do 50% en todos os parques das provincia de Lugo e Ourense, ademais dos emprazados en Ferrolterra, Costa da Morte e fronteira con Portugal. No resto a bonificación é do 30%.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es