CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta e o Concello da Merca estudan o proxecto para humanizar a contorna da igrexa de Santa Eulalia de Parderrubias

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2022  A Xunta e o Concello da Merca estudarán o proxecto para humanizar a contorna da igrexa de Santa Eulalia de Parderrubias, segundo trataron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde, José Manuel Garrido, nunha reunión celebrada recentemente.

 

A Xunta fará a supervisión técnica dun proxecto que podería enmarcarse nos obxectivos do plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego hai máis dunha década co fin de axudar ás entidades locais a executar diferentes proxectos urbanísticos destinados á creación, mellora e humanización de infraestruturas de uso público e colectivo

Neste sentido, cómpre subliñar o compromiso do Goberno galego á hora de brindar apoio aos concellos para promover actuacións que, como a proposta na Merca, contribúan a dinamizar as vilas galegas e mellorar a calidade de vida da veciñanza.

 

Por esta razón, a Consellería mantén esta liña de cooperación cos concellos tamén este ano, reservando nos seus orzamentos 7 millóns de euros para actuacións dirixidas a habilitar ou recuperar equipamentos municipais e poñer en valor as contornas urbanas.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es