CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta licita o proxecto para acondicionar o núcleo de Montesalgueiro, no Concello de Aranga

A actuación enmárcase no plan Hurbe, impulsado hai máis de 10 anos para apoiar ás entidades locais en proxectos que permitan mellorar as condicións e a calidade de vida da veciñanza, e que este ano conta cun orzamento reservado de 7 M€

 

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2022.-A Xunta de Galicia vén de licitar o proxecto para a creación dunha zona de tránsito para peóns co obxectivo de mellorar o núcleo de Montesalgueiro, no Concello de Aranga. A obra disporá dun investimento total de máis de 123.000 euros que serán executados en dúas anualidades (2022-2023).

 

A través do convenio de colaboración asinado, acometerase unha actuación urbanística para crear beirarrúas e, nun senso máis amplo, facer máis accesible a zona de Montesalgueiro. A construción será financiada conxuntamente por ambas administracións, cunha achega da Xunta do 70% e do 30% por parte do Goberno local.

 

Os traballos comezarán co acondicionamento dun treito paralelo á estrada Nacional VI, unha área con naves e dous establecementos hostaleiros situados dentro do solo rústico de protección de infraestruturas.

 

Estas tarefas de reforma levaranse a cabo ao abeiro do plan Hurbe, un programa que este ano conta cun orzamento reservado de 7 millóns de euros e que o Goberno galego promove desde hai máis dunha década para axudar ás administracións locais a executar este tipo de proxectos.

 

Cómpre lembrar que este plan reflicte o compromiso da Xunta á hora de ofrecer o seu apoio ás entidades locais e promover actuacións que, na liña do acondicionamento previsto para Aranga, contribúen a dinamizar as vilas galegas por medio da mellora dos seus equipamentos e servizos públicos.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es