CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta reafirma o seu compromiso co sector da construción no encontro anual de Apecco

Oleiros (A Coruña), 22 de setembro de 2022 O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e as conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto ao delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asistiron hoxe ao II Encontro Anual da Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña (Apecco).

 

No evento, os representantes da Xunta reafirmaron o compromiso do Goberno galego coa construción en Galicia, como sector clave na economía e no desenvolvemento urbanístico, co impulso á obra pública e o apoio á poboación nas obras de reforma e rehabilitación no eido residencial, entre outras medidas.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es