A empresa pública Xestur resolve o concurso de venda de parcelas de 2023 a prezos con bonificacións de entre o 30 % e o 50 %
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2023 A Xunta de Galicia adxudicou un total de 57.845,08 metros cadrados de solo empresarial en oito polígonos industriais por preto de 5,3 millóns de euros, logo de aplicarse bonificacións de entre o 30 % e o 50 %.
O solo adxudicado é o seguinte:
PARQUE | SUPERFICIE m2 | PARCELAS | EMPRESAS | PREZO DE ADXUDICACIÓN € |
Bértoa (Carballo) | 4.274 | 1 | 1 | 154.979,24 |
A Sionlla (Santiago) | 10.283 | 4 | 4 | 1.235.613,70 |
Morás (Arteixo) | 11.296 | 3 | 3 | 1.366.304,80 |
As Gándaras (Lugo) | 4.366 | 3 | 2 | 269.120,35 |
Vilamarín | 1.469,86 | 1 | 1 | 48.689,12 |
Silleda | 1.425,92 | 1 | 1 | 85.115 |
A Reigosa (Ponte Caldelas) | 14.571,30 | 2 | 2 | 952.548,64 |
A Veigadaña (Mos) | 10.159 | 3 | 2 | 1.169.367 |
TOTAL | 57.845,08 | 18 | 16 | 5.281.737,85 |