CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta colabora na sétima edición da xornada de recollida de lixo 1m2 contra a basuraleza

A recollida colaborativa de residuos organizada co gallo do Día mundial do medio ambiente ten como obxectivo reducir a presenza de residuos na natureza e concienciar á poboación sobre a importancia da reciclaxe

Taboada (Lugo), 3 de xuño de 2023 A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, participou na sétima edición da xornada colaborativa de recollida de lixo 1m2 contra a basuraleza, celebrada hoxe con motivo do Día mundial do medio ambiente. 

Durante a actividade, que tivo lugar no concello lugués de Taboada, Sagrario Pérez salientou o compromiso da Xunta de Galicia co impulso e promoción desta iniciativa, que se enmarca no proxecto Libera creado por SEO/BirdLife e Ecoembes co obxectivo de loitar contra a presenza de lixo na natureza e sensibilizar á cidadanía sobre este problema medioambiental. 

Nesta ocasión preto de mil voluntarios colaboraron nas 59 recollidas de lixo celebradas hoxe en toda a Comunidade. Concretamente, fixéronse 18 na provincia da Coruña, 5 na de Lugo –incluída a organizada pola Asociación Cultural O Carballo en Taboada-, 10 na de Ourense e 26 na de Pontevedra. 

Con este tipo de campañas de sensibilización e mobilización cidadá, contribúese a eliminar da contorna natural todo tipo de residuos perigosos como poden ser cabichas, pneumáticos, envases plásticos e outros refugallos.

Cómpre lembrar que esta nova acción voluntaria forma parte das limpezas periódicas de 1m2 polas contornas –que inclúe tamén as accións de 1m2 por praias e mares, 1m2 por ríos, encoros e pantanos e 1m2 polo campo, os bosques e o monte-, cuxo obxectivo non é só liberar á natureza de lixo, senón caracterizar e tipificar os residuos que en cada punto de limpeza se atopan, a través do uso ciencia cidadá.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es