CMATI

Gaio (Garrulus glandarius)

Hábitat

O gaio (Garrulus glandarius) é unha ave forestal que vive preferentemente en carballeiras, aínda que tamén se pode ver en aciñeirais, faiais, etc. Pode aparecer próximo a cultivos en lugares con arboredo disperso e sebes.

Función

O gaio ten unha alimentación moi variada, incluíndo pequenos animais, landras, etc. Presenta un enorme valor ecolóxico como axente dispersante de carballos e aciñeiras. A especie adoita enterrar as landras para comelas cando é inverno e o alimento escasea, pero moitos destes froitos quedan esquecidos no chan, xerminando e dando lugar a novas árbores, axudando deste xeito a ampliar o rango do bosque.

Nome común Gaio Nome científico Garrulus glandarius Clase Aves Familia Corvidae

Subir