CMATI

Coello común (Oryctolagus cuniculus

Hábitat

Prefire as áreas abertas con matogueira onde poder esconderse e con chans brandos que faciliten a construción dos seus tobos. Tamén, aínda que menos frecuentemente, pode atoparse en bosques. É habitual en sistemas dunares da costa e en áreas de cultivo.

Función

O coello aliméntase basicamente de vexetais (partes vexetais de herbáceas e tamén leñosas, raíces, bulbos, etc.), intervindo deste xeito na dinámica e control da vexetación.

É un importante recurso trófico para gran número de predadores, entre os que se atopan fundamentalmente mamíferos carnívoros e aves rapaces.

Nome común
Coello común
Nome científico
Oryctolagus cuniculus
Clase
Mamíferos
Familia
Leporidae

Documento/s relacionados
Subir