CMATI

Capudre (Sorbus aucuparia)

Hábitat

O serbal de cazadores é unha especie que en Galicia abunda sobre todo nas montañas orientais, formando parte integrante das fragas. Xunto co bidueiro, é unha especie que marca o límite altitudinal arbóreo. Medra sobre chans ácidos, profundos, soltos e pobres en nutrientes, aínda que tamén pode vivir en terreos calcarios. Aparece no piso montano, chegando a penetrar no subalpino (por exemplo Trevinca).

Función

Os seus froitos son moi valorados polos paxaros, que atopan nesta especie un importante e enerxético sustento alimenticio. Como consecuencia diso, os paseriformes que se alimentan dos seus froitos actúan dispersando á especie por medio das súas dexeccións.

Por outra banda, o capudre é utilizado como árbore de sustento por unha ampla gama de larvas de lepidópteros.

Nome común
Capudre
Nome científico
Sorbus aucuparia
Clase
Plantas superiores
Familia
Rosaceae

Documento/s relacionados
Subir