CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013.

Fondos FederFondos Feder

 

A programación dos Fondos 2007-2013 modificou o papel da cooperación entre Estados membros dotándoa de maior entidade ao convertela nun dos tres obxectivos prioritarios da Unión Europea, a “Cooperación Territorial Europea”.

O Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal no periodo 2007-2013 fixo unha importante contribución ao desenvolvemento das zonas fronteirizas de ambos Estados, reforzando as relacións económicas e as redes de cooperación existentes.

O POCTEP estrutúrase en cinco áreas de cooperación, respectando deste xeito as particularidades  dos territorios da maior fronteira interior da Unión Europea:

· Galicia/Norte de Portugal
· Norte de Portugal/Castilla y León
· Centro/Castilla y León
· Alentejo/Centro/Extremadura
· Alentejo/Algarve/Andalucía

Desenvolvendo proxectos dentro dos seguintes ámbitos de actuación:

· Fomento da Competitividade e promoción do emprego
· Medio Ambiente, patrimonio e prevención de riscos
· Ordenación do territorio e accesibilidade
· Integración socioeconómica e institucional

A superficie total do territorio que abarca o POCEP é de 136.640 Km2, o que supón o 23,5 % do espazo Ibérico e conta con unha poboación de algo mais de cinco millóns  de habitantes, o 10 % da poboación total de España e Portugal.

A dotación financeira deste programa para o periodo 2007-2013 foi de 359,33 M euros de coste total, cunha axuda FEDER de 267,4 M euros.

Os proxectos  Natura-Miño-Minho e Natura-Xurés-Gerês foron aprobados o ano 2007, no marco da primeira convocatoria do POCTEP, dentro do eixo 2 “Medio Ambiente, Patrimonio e Prevención de riscos”.

 

Enlaces de interés:

- POCTEP.