CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Ría de Ortigueira e Ladrido

Código ZEPA

ES0000086

Data de declaración

12 de enero de 1990.

Instrumentos de planificación

Plan director da Rede Natura 2000. Decreto 37/2014

Superficie

3.025 ha.

Concellos

Cariño, Ortigueira.

Situación

No extremo norte da provincia da Coruña. Na comarca de Ortegal. Entidades de poboación máis importantes en Santa Marta de Ortigueira e Cariño.

Outras figuras de protección

  • Zona Especial de Conservación ''Ortigueira-Mera'', ZEC ES1110001, de 3.3.868 has.
  • Humidal Protexido ''Ría de Ortigueira e Ladrido'', de  3.025 has.
  • Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) “Ortigueira – Mera”, de 3.868 has. E “Ría de Ortigueira e Ladrido”, de 3.025 has.
  • Humidal de Importancia Internacional (Convenio Ramsar)  ''Ría de Ortigueira e Ladrido'', de 2.920 has.

A área correspóndese parcialmente coa IBA 006 “Punta Candelaria - Ría de Ortigueira - Estaca de Bares”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012).

Avifauna

O principal interese desta ZEPA reside na súa capacidade para albergar unha avifauna acuática particularmente variada e continxentes importantes de varias especies. É unha das zonas principais de Galicia polo seu total de acuáticas invernantes, e as súas concentracións de limícolas e anátidas sitúanse no segundo e terceiro posto, respectivamente, nesta Comunidade Autónoma. Os efectivos invernantes de asubiador (Anas penelope), gabita (Haematopus ostralegus), píldora cincenta (Pluvialis squatarola), pilro común (Calidris alpina), mazarico rubio (Limosa lapponica), mazarico real (Numenius arquata), bilurico patirrubio (Tringa totanus), e bilurico claro (T. nebularia), alcanzan importancia a escala estatal, mentres que outras 17 especies manteñen importancia a escala autonómica. A poboación de mazarico real é particularmente relevante, con concentracións invernais de 500-600 individuos, que poden alcanzar as 800 aves en verán-outono, de maneira que esta zona húmida é a segunda localidade para a especie en España. O núcleo de cullerete (Anas clypeata), foi ata anos recentes o máis numeroso do noroeste de España, aínda que actualmente se viu reducido. Así mesmo, o papel da zona durante os pasos migratorios é moi notorio no ámbito cántabro-galaico, chegando a albergar 4-5.000 limícolas con certa regularidade e efectivos especialmente destacables de pilro tridáctilo (C. alba), e mazarico rubio. Pequeno núcleo reprodutor, único na costa cantábrica, de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). A presenza de colimbos e de determinadas especies de mergullóns, anátidas e láridas pouco comúns no ámbito ibérico é tamén notable.

Documento/s relacionados
  • Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo V Humidais e Corredores Fluviais Descargar
Subir