CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Ribadeo

Código ZEPA

ES0000085

Data de declaración

12 de xaneiro de 1990.

Data de modificación

19 de abril de 2001.

Instrumentos de planificación

Plan director da Rede Natura 2000. Decreto 37/2014

Superficie

625 ha.

Concellos

Ribadeo, Trabada.

Situación

No extremo nordeste da provincia de Lugo, na comarca da Mariña Oriental. Espazo natural compartido co Principado de Asturias. Entidades de poboación máis importantes en Ribadeo, Vegadeo e Castropol.

Outras figuras de protección

  • Zona Especial de Conservación "Río Eo", ZEC ES1120002 de 982 ha).
  • Humidal Protexido “Ría de Ribadeo”, de 614 has.
  • Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) “Río Eo”, de 1.003 has, e “Ribadeo” de 536 has.
  • Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón
  • Zona Húmida de Importancia Internacional (Convenio Ramsar) "Ría do Eo", con  1.740 has (Compartidas con Asturias).

A área correspóndese parcialmente coa IBA 007 “Ría do Eo-Praia de Barayo-Ría de Foz”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012).

Avifauna

Importante polas súas poboacións de aves acuáticas, particularmente durante o inverno. Destaca sobre todo polo seu continxente de anátidas, e en particular pola invernada de asubiador (Anas penelope) e de pato rabilongo (Anas acuta); os efectivos desta especie alcanzaron importancia internacional no 1984 (máximo de 1.500). Así mesmo, é destacable a súa poboación de mazarico real (Numenius arquata), entre outras especies de limícolas. No ámbito autonómico, son tamén de sinalar os núcleos de mergullón de pescozo negro e de bilurico escuro (Tringa erythropus), ambas as especies escasas e moi localizadas en Galicia. O espazo natural actúa, ademais, como un refuxio importante para a avifauna acuática durante as vagas de frío (por exemplo, para a avefría, Vanellus vanellus).

Documento/s relacionados
  • Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo V Humidais e Corredores Fluviais Descargar
Subir