CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Estrutura organizativa do Instituto de Estudos do Territorio

  • Paisaxe

Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa

Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas o Departamento contará con nivel orgánico de servizo das seguintes unidades:

a) Servizo de Xestión.

Correspóndenlle as funcións encomendadas ao Departamento no que atinxe á área de contratación, xestión orzamentaria e fomento, en xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular do Departamento o da Dirección do instituto.

b) Servizo Xurídico-Administrativo

Correspóndenlle as funcións encomendadas ao Instituto de Estudos do Territorio no que atinxe á prestación da asistencia e asesoramento aos concellos de Galicia, para a elaboración do planeamento urbanístico e a xestión e execución do planeamento.

Departamento Técnico de Estudos

Para o desenvolvemento das funcións o Departamento Técnico de Estudos contará con nivel orgánico de servizo das seguintes unidades:

a) Servizo de Estudos

Correspóndenlle as funcións encomendadas ao Instituto de Estudos do Territorio no que atinxe á análise, seguimento, formación e divulgación sobre urbanismo e ordenación do territorio e, en xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outras funcións que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da dirección do instituto ou Departamento.

Así mesmo, correspóndenlle as funcións relativas á colaboración para a promoción das estratexias e programas que contribúan a conseguir o apropiado nivel de desenvolvemento sustentable, e aquelas que fomenten a participación cidadá.

b) Servizo de Coordinación e Información Territorial

Correspóndenlle as funcións de elaboración, mantemento e actualización da información xeográfica e cartográfica necesaria para o desenvolvemento dos estudos relacionados co territorio, así como a súa coordinación e difusión entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia. Tamén encargarase da xestión e desenvolvemento dos sistemas de información corporativos da Xunta vinculados ao territorio.

c) Servizo de Planificación da Paisaxe

Correspóndenlle as funcións encomendadas ao Instituto de Estudos do Territorio no que atinxe ao desenvolvemento dos instrumentos contemplados na lexislación vixente sobre a protección, xestión e ordenación da paisaxe. Así mesmo, asumirá as funcións de formación e divulgación na materia da paisaxe.

A consecución destes obxectivos por parte do Departamento Técnico de Estudos requirirá dunha relación fluída coas Universidades galegas, a través de diversas fórmulas de colaboración cos equipos consolidados de investigación que desenvolvan os seus traballos, nalgunhas das liñas estratéxicas do Instituto.