CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia

O día 22 de decembro de 2021 publicaronse no Diario Oficial de Galicia as seguintes ordes de axudas:

ORDE do 7 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras dasaxudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia ese convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT811A).

ORDE do 7 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2022destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía (código de procedemento MT811B).

O día 28 de setembro de 2022, de acordo co establecido no artigo 15.2 das anteditas ordes de axudas, por tratarse de procedementos de concorrencia competitiva, de conformidade co disposto nos artigos 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das ADministracións Púbicas, os requerimentos de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro das anteditas ordes de axudas (procedementos MT811A e MT811B) publicacáronse nesta páxina web e que poderán consultarse no apartado de Documentos.

O prazo para a presentación da documentación para a emenda das solicitudes comieza o día 29.09.2022 e termina o día 13.10.2022 (ambos incluídos).

Documento/s relacionados
  • MT811A. Entidades locais: ACORDO do 28 de setembro de 2022, do Servizo de Conservación da Biodiversidade, polo que se procede á publicación dos requirimentos de documentación e emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 7 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan as axudas para o ano 2022 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT811A) Descargar
  • MT811B. Asociacións protectoras. ACORDO do 28 de setembro de 2022, do Servizo de Conservación da Biodiversidade, polo que se procede á publicación dos requirimentos de documentación e emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 7 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan as axudas para o ano 2022 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía (código de procedemento MT811B) Descargar
Ligazon/s relacionadas