CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Identificación dos animais de compañía e veterinarios/as actuantes

COMUNICADO SOBRE INCIDENTE PROTECCIÓN DE DATOS REGIAC

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda informa que, segundo comunicación da Amtega, produciuse un incidente de seguridade informática que ten afectado aos datos personais dos titulares que teñen inscrito animais de compañìa no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañìa desta comunidade autónoma (REGIAC).

A continuación, móstrase información sobre o incidente e as súas posibles consecuencias, en cumprimento do artigo 34 do Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE 2016/679 de 27 de abril de 2016):

Información adicional

Desde este departamento infórmase de que se teñen adoptado as medidas correctoras oportunas para solventar o incidente e minimizar así os seus posibles efectos negativos, recomendándose non obstante aos usuarios que extremen as precaucións ante chamadas, correos electrónicos ou calquera outro tipo de comunicación non esperada.

 

 

A identificación individual con microchip é obrigatoria para:

  • Todos os animais potencialmente perigosos desde xullo de 2002.
  • Todos os cans desde xullo de 2003.

A identificación dos cans e dos animais considerados como potencialmente perigosos está regulada no artigo 5º do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A identificación definitiva supón a marcaxe con microchip e o procesamento informático dos datos relativos á marcaxe. O microchip asigna ao animal un código de identificación individual que permite diferencialo doutro, relacionando a súa propiedade cunha persoa física ou xurídica.

Os datos almacénanse no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía. (Regiac).

Qué é o Regiac (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía)?

É un rexistro dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no que se recolle toda a información sobre os animais inscritos. Este rexistro pode ser consultado por todas as administracións públicas e autoridades competentes, así como por aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten ter interese lexítimo no coñecemento dos datos que constan nel. En todo caso, o uso e tratamento dos datos contidos no rexistro será acorde co disposto na normativa en materia de protección de datos.

Información para propietarios e propietarias de animais:

Onde podo identificar o meu can cun microchip?

A implantación debe ser realizada por veterinarios/as actuantes autorizados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Días despois de efectuar a identificación recibirá no seu enderezo a comunicación de que o seu can está inscrito no Regiac. A maioría das clínicas veterinarias de Galicia contan xa polo menos con persoal autorizado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Información para veterinarios e veterinarias actuantes

Normativa de  referencia:

  • Lei 4/2017, do 3 de outubro,de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia.
  • Ley 50/1999, del 23 de diciembre, sobre el Régimen Jurídico de la Tenencia de Animales Potencialmente Perligrosos e Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos.

Quén pode implantar o microchip?:

A implantación do microchip será efectuada por persoal veterinario nomeado a tal efecto pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Cómo solicitar ser persoal veterinario actuante?

Os veterinarios e veterinarias que desexen participar no proceso de identificación de animais de compañía da Comunidade Autónoma Galega deberán solicitalo á Dirección Xeral de Patrimonio Natural desta Consellería acreditando que cumpren polo menos os seguintes requisitos:

  • Que están inscritos no Colexio Oficial de Veterinarios
  • Que están dados de alta para o exercicio libre da profesión

Os modelos de solicitude tanto para solicitar o nomeamento como para a súa renovación así como o procedemento e información complementaria poden atoparse no apartado de Ligazóns.

Cómpre recordar que o nomeamento como veterinario/a actuante debe renovarse aos cinco aos da súa obtención.