CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Axudas destinadas a facilitar a coexistencia coas especies silvestres

O plan de recuperación do oso pardo (Ursus arctos L.) en Galicia, aprobado mediante o Decreto 149/1992, do 5 de xuño, inclúe entre os seus obxectivos de conservación o de optimizar a política de compensación socioeconómica nas comunidades rurais dos sectores oseiros e, máis concretamente, establecer un sistema áxil de pagamento de indemnizacións por danos.

Co obxectivo de minorar a conflitividade social naquelas zonas nas que a presenza do oso pardo se viu incrementada nos últimos anos, cómpre establecer un mecanismo de axudas para paliar os danos ocasionados por esta especie que complemente ao mecanismo de axudas para a prevención destes danos.

En virtude disto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estableceu as bases reguladoras dunha liña de axudas destinadas a compensar ás persoas titulares de explotacións gandeiras polos danos ocasionados polo oso pardo, e procedeu á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MT815A).

As axudas ás que se refire esa orde de axudas comprenden os danos ocasionados polo oso pardo que se produzan desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.