CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Árbores Senlleiras de Galicia. Guía de Viaxe

Nesta sección poderás atopar diversas publicacións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que pretenden poñer en valor as árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, como mostra da conxunción do patrimonio cultural e natural de Galicia.

Esta posta en valor e o seu goce responsable, mediante o deseño de estratexias de promoción e divulgación en sintonía coa preservación do medio, permitiranos construír escenarios de emocións, tempo e tradicións onde o protagonista é a árbore ou formación singular que os relaciona.

A conservación destes exemplares senlleiros, precisa ao mesmo tempo do seu coñecemento e recoñecemento por parte da sociedade. Deste xeito, a través da divulgación, a sensibilización e a concienciación, contribuirase á súa preservación, como un apoio á xestión e coidado do noso patrimonio natural.

Documento/s relacionados
  • Árbores Senlleiras de Galicia. Guía de Viaxe Descargar
  • Árbores Senlleiras na contorna da Ribeira Sacra. Rutas, Viticultura e Tradicións. Guía de Viaxe Descargar