CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Becacina común (Poboación nidificante) (Gallinago gallinago)

Descrición

Presenta cores crípticas, acastañadas ou arroibadas, moi apencadas e con raias en dourado e negro. Peito castaño raiado, costas barradas e ventre branco. A cabeza tamén presenta barras escuras, cunha liña de cor crema no cocote. Cola curta e bico moi longo.

Reprodución

Fai o niño no chan en pradarías húmidas, ben escondido entre as herbas altas. En abril-maio a femia incuba 4 ovos. Os polos abandonan o niño ao pouco de nacer.

Conta só con dúas áreas de cría en España, no sur da provincia de Ourense e en varios puntos do Sistema Central (principalmente na provincia de Ávila), compartindo ambos un máximo de 75 parellas reprodutoras. O desecamento da lagoa de Antela acabou co núcleo reprodutor da Limia, de grande importancia para a conservación da especie na península. Nidifica en zonas húmidas abertas de media ou alta montaña con vexetación leñosa baixa ou herbácea, sendo fundamental a presenza de solos con elevada materia orgánica. Os efectivos invernantes, procedentes do centro de Europa e Escandinavia, teñen unha fenoloxía pouco coñecida.

Alimentación

A súa dieta baséase en moitos tipos de invertebrados e as súas larvas.

Hábitat

Prefire os prados inundados, gándaras, marismas e brañas.

Distribución

É pouco común no país, algo mas frecuente durante o inverno. Existe unha mínima poboación residente nas terras da Limia.

Estado de conservación

A principal ameaza de conservación é a modificación do hábitat de cría (ben por drenaxe, ben por forestación, lumes, etc.). O feito de que en Galicia esta especie sexa de interese cinexético durante o período invernal é outro factor de ameaza significativo para a poboación reprodutora.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Nome común Becacina común (Poboación nidificante) Nome científico Gallinago gallinago Clase Aves Familia Scolopacidae

Documento/s relacionados
Subir