CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Sisón (Tetrax tetrax)

Descrición

Ave de tamaño mediano, entre 40-45 cm. O macho, en plumaxe nupcial, mostra un atraente pescozo negro cun dobre colar branco; a cara e o papo son grises azulados, o carapucho e dorso ocre vermiculado, o ventre branco e as ás cunha ancha mancha branca. A femia presenta dorso, pescozo e parte superior do peito de cor parda areosa pálida, raiados e barrados de negro; o ventre é de cor branca sucia e a mancha alar máis pequena que a do macho.

Reprodución

A principal actividade dos machos durante a época reprodutora é a exhibición de celo, que consiste en bater as ás e en dar saltos "tribunas" (puntos concretos do seu territorio). O niño é una depresión no solo. A posta prodúcese de abril a xuño, sendo de 3 a 4 ovos de cor parda olivácea escura. A incubación é realizada exclusivamente pola femia e dura entre 20 e 22 días.

Alimentación

Aliméntase principalmente de materia vexetal e de artrópodos, con preferencia polos coleópteros.

Hábitat

Ocupa hábitats agrícolas abertos dominados por cultivos cerealistas en secano ou pastizais extensivos, que atopa a comarca da Limia en a Terra Chá.

Distribución

Especie en declive na maior parte da área de Europa. As principais poboacións reprodutoras encóntranse na península Ibérica, con máis da metade dos efectivos mundiais. En Galicia presenta poboacións reprodutoras na marxe da área de distribución, sen que se supere o medio centenar de parellas.

Estado de conservación

A intensificación agrícola e o cambio nos tipos de cultivos son as principais ameazas de conservación.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Nome común Sisón Nome científico Tetrax tetrax Clase Aves Familia Otididae

Documento/s relacionados
Subir