CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Bolma rugosa (Bolma rugosa)

Descrición

Gasterópodo mariño de gran tamaño, que presenta unha cuncha grande e sólida, duns 5 cm de altura e 6 cm de anchura, dunha cor gris. Nos individuos novos a cuncha está formada por varias prolongacións longas e finas que se atenúan e erosionan a medida que medra o animal. Posúe un opérculo calcificado, coñecido como "ollo de Santa Lucía", cuxa forma é máis ou menos elíptica cunhas bandas en espiral, consecuencia do seu crecemento.

Reprodución

Reprodución sexual. As larvas son nadadoras.

Alimentación

É unha especie fitófaga que se alimenta de macroalgas e fitoplancto.

Hábitat

Vive en zonas rochosas do infralitoral, onde se camuflan moi ben grazas a que se recobre con algas e outros organismos, como por exemplo hidrozoos.

Distribución

Desde o Cantábrico ao Mediterráneo.

Estado de conservación

Pola dificultade de prospección dos ecosistemas onde vive, aínda non se coñece o tamaño das súas poboacións. A súa presenza detéctase sobre todo pola arribazón ás praias do opérculo calcario que tapa a boca da cuncha, coñecido en certas zonas de Galicia como bítere. A través deste tipo de observación apréciase unha importante diminución de opérculos nos areais, o que parece indicar que a especie se encontra en franca regresión.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Nome común Caranguexo de río Nome científico Austropotamobius pallipes Clase Artrópodos Familia Astacidae

Documento/s relacionados
Subir