CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Aricia morronensis (Aricia morronensis)

Descrición

De pequeno tamaño, de 13 a 15 mm. O seu corpo é xeralmente robusto.


Reprodución
Dimorfismo sexual moi acentuado. Prodúcese unha xeración de xullo a mediados de agosto. As eirugas son pequenas, cortas e grosas. Voo desde xullo a principios de agosto. A larva asóciase continuamente con formigas.

Alimentación

A fonte nutricia das larvas son xeraniáceas do xénero Erodium.

Hábitat

Zonas abertas de alta montaña, onde abunda Erodium spp.

Distribución

Amplamente distribuída pola península Ibérica, da que é endemismo, voa entre os 1200 e 1600 m de altitude en espazos abertos. En Galicia está presente na provincia de Ourense (Casaio), adscrita á subespecie chapmani. Esta localidade está adscrita ao LIC Pena Trevinca.

Estado de conservación

Presenta numerosas colonias ben establecidas na península, e os últimos descubrimentos doutras novas fan pensar que de momento non hai que preocuparse polo porvir inmediato deste endemismo. De todas as formas débese seguir estudando a especie para unha mellor comprensión do seu ciclo biolóxico de cara a facer máis efectiva a súa xestión.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Aricia morronensis Nome científico Aricia morronensis Clase Artrópodos Familia Lycaenidae

Documento/s relacionados
Subir