CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Bufo real (Bubo bubo)

Descrición

É a ave rapaz nocturna europea de maior tamaño, cunha altura aproximada de 70 cm. Son características as súas mechas de plumas escuras moi sobresalientes na cabeza simulando un par de grandes orellas. A función da plumaxe críptica que cobre o seu corpo é facelo pasar desapercibido. As súas patas están cubertas por plumas que incluso chegan a tapar totalmente os dedos. Presenta flocos nas plumas das súas ás que lle permiten un voo totalmente silencioso, axudando a non delatar a súa presenza ás súas presas.

Reprodución

Tanto os machos como as femias son solitarios ata que chega a época de cortexo; daquela, a parella que encontren será de por vida. Adoita nidificar en covas, repisas, en troncos ou acantilados. Pon de 2 a 3 ovos, unha soa vez ao ano, normalmente en inverno ou principios de primavera; a posta eclosiona en 2 ou 3 meses, cando nacen os novos poliños, que antes dun ano sairán do niño.

Alimentación

Esta ave rapaz atópase nun dos niveis máis altos da cadea trófica, e como tal é un gran depredador que caza mamíferos de pequeno e mediano tamaño (coellos, lebres, esquíos, raposos e cervatos) e aves (pombas, merlos, incluso outros bufos e aves de presa). Á hora de cazar poden facelo tanto no chan como en pleno voo, para o que prefiren a noite e os espazos abertos.

Hábitat

Encóntrase adaptado a todos os tipos de ambientes e terreos, aínda que prefiren as zonas de acantilado, preferentemente rochoso para aniñar, pero sempre preto de lugares rochosos ou zonas montañosas, onde atopa refuxio.

Distribución

A súa distribución en termos xerais podemos dicir que está condicionada pola cantidade de cortados rochosos para nidificar e pola abundancia de alimento. Citado nas catro provincias galegas.

Estado de conservación

O principal problema que encontrou é a diminución da súa presa principal, o coello, o que fai oscilar as súas poboacións fortemente.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Bufo real Nome científico Bubo bubo Clase Aves Familia Strigidae

Documento/s relacionados
Subir