CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus)

Descrición

O macho adulto, en plumaxe nupcial, presenta partes superiores de cor castaña clara, case semellante á area, fronte escura e capacete arroibado. Tamén ten unha escura lista ocular e unha semicor de cor parda escura, aínda que estes caracteres desaparecen en época invernal. Bico negro e fino. Patas negras algo retrasadas, adaptadas á carreira sobre a area.

Reprodución

O niño é unha pequena depresión na area, onde incuban 2-3 ovos cremosos con manchas escuras, e os polos abandonan o niño ao pouco de nacer. Os adultos, diante de estraños, simulan estar feridos para atraer a súa atención e así afastalos dos seus fillos.

Alimentación

Eirugas, crustáceos e outros invertebrados.

Hábitat

Sistemas dunares e praias ben desenvolvidas.

Distribución

Presente en todo o noso litoral, aínda que con efectivos en progresiva diminución no referente ás poboacións residentes. Nos pasos de primavera e outono aumentan por motivo da chegada de grupos migratorios.

Estado de conservación

En forte retroceso por motivo da presión turística (masificación das praias, quads, campings, construcións...) nos seus lugares preferentes de cría e tamén pola predación de córvidos, cans e raposos.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Píllara das dunas Nome científico Charadrius alexandrinus Clase Aves Familia Charadriidae

Documento/s relacionados
Subir