CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Tartaraña cincenta (Circus pygargus)

Descrición

Algo máis pequeno que a gatafornela. O macho adulto ten as partes superiores, cabeza e peito escuros. Raias arroibadas no ventre e nas marxes da cola. Ás estreitas e longas coas puntas negras e unha liña tamén negra na parte dorsal.

A femia ten as partes superiores de cor parda escura e as ventrais de cor crema, con manchas arroibadas. Na cabeza presenta unha zona branca arredor dos ollos. Os inmaturos, moi semellantes ás femias, coa plumaxe ventral totalmente arroibada.

Reprodución

A mediados da primavera constrúe o niño entre a vexetación da matogueira, xeralmente entre toxos e arbustos, onde a femia incuba 2-3 ovos brancos.

Alimentación

A súa dieta está baseada en micromamíferos, anfibios, réptiles, pequenas aves e insectos.

Hábitat

Zonas de matogueira e pasteiros.

Distribución

Cría en zonas moi localizadas no noso territorio. Poucos efectivos, case todos presentes de marzo a outubro. Máis abundante na parte central e leste do país.

Estado de conservación

Moi afectada pola transformación dos pasteiros e matogueiras en plantacións de eucaliptos.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Nome común Tartaraña cincenta Nome científico Circus pygargus Clase Aves Familia Accipitridae

Documento/s relacionados
Subir